O Ribeiro impón a súa pegada para dobregar ao Cañiza na súa cancha

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

miguel villar

A escuadra dirixida por Félix Mouteira levou os puntos de Polvoreira: 30-32

01 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Volveu ao camiño da vitoria o Carnes do Ribeiro e fíxoo no seu curto desprazamento ao Polvorín, onde dobregou ao Balonmán Cañiza: 30-32.

Os discípulos de Félix Mouteira callaron unha meritoria posta en escena, aguantando ben os tiróns locais para levar ao cabo os puntos en xogo. O choque comezou moi rifado, con intercambio de goles ata o minuto 12, cando os visitante lograron abrir unha pequena fenda de 5-8. Aínda así, os locais responderon cun parcial de 4-0 e lograron acadar o intermedio cunha vantaxe de 16-13.

Aínda que os ribadavienses apertaron en defensa e axustaron as súas xogadas de ataque en busca da remontada, atopáronse cun vello coñecido, Xosé Canedo, que encabezou o potencial dos anfitrións cun total de 9 tantos. Os ribeiraos lograron empatar (24-24) a doce minutos do final, pero non lograron pórse por diante ata que o fixo Juan Sotelo (28-29) con catro minutos por xogar. A pesar de todo, os dous últimos arrincaron cun desfavorable 30-29, ao que lle deron a volta os dous goleadores da tarde, un Arón Díaz que rematou con 9 e Mon Sotelo, que asinou 8 na reacción para o definitivo 30-32.