A Deputación e El Cercano publican «O noso camiño»

La Voz

OURENSE

Alberte Paz Garza

A obra recolle a pelerinaxe de Ourense a Santo André de Teixido

02 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

En 1927 tres coñecidos intelectuais ourensáns vencellados á Xeración Nós fixeron o camiño entre Ourense e o santuario do Santo André de Teixido. A viaxe realizada por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Ben-Cho-Shey quedou recollida nun libro. Agora, no 2020, a Deputación de Ourense e El Cercano publican «O noso camiño, guía da pelerinaxe de Ourense a Santo André de Teixido», de Moncho Conde Corbal e Santiago Lamas. Conde Corbal e José Manuel Baltar Blanco presentaron este xoves a publicación na Deputación de Ourense. A obra conta con colaboracións de Darío Villanueva e Manuel Janeiro, con fotografías de Moncho Conde-Corbal e Antonio Vázquez e con cartografía de José García Calvo e Antonio Vázquez. O traxecto, de 262 quilómetros, aparece dividido en once etapas.