Os hostaleiros ourensáns piden apoio á Deputación

A voz OURENSE

OURENSE

Alberte Paz Garza

A asociación Ahrou trasladou as súas reivindicacións a Baltar, quen se ofrece a canalizalas

21 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O presidente da Asociación de Hostalería e Restauración de Ourense (Ahrou), ÁlexCastro , reuniuse con José Manuel Baltar, presidente da Deputación, no Pazo Provincial. Acompañado dos directivos Pepe Vilachá e Manuel Saborido, os representantes dos hostaleiros expuxeron as reivindicacións deste colectivo. O dirixente provincial ofreceuse a canalizalas e expresoulles o total apoio do organismo que preside. 

«Non hai ningún outro punto de Galicia que estivese tanto tempo con tantas restricións como o concello de Ourense, por o cal, existe base obxectiva para establecer un sistema que contribúa a paliar as graves perdas económicas deste sector», expresou Baltar, lembrando que a institución que preside xa puxo en marcha un plan de axudas económicas a autónomas e pemes cando estalou a crise no inicio da pandemia.