"Ou diaño na praia" chegou ao Principal

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Foi unha nova proposta do programa do FITO

19 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) prosegue a súa andaina e este domingo chegou á capital, onde Matarile Teatro representou «Ou diaño na praia». A dirección é de Ana Vallés e sobre o escenario estarán Celeste González e Claudia Faci. Os seus directores artísticos, Ana Vallés e Baltasar Patiño, fundaron a compaña no ano 1986 en Santiago de Compostela, onde tamén son promotores de espazos de exhibición para a creación contemporánea.