Falecen unha muller de 90 anos en Verín e un home de 76 no CHUO con coronavirus

La Voz

OURENSE

CHUO
CHUO MIGUEL VILLAR

Elevan a 152 o número de vítimas que a pandemia se cobrou en Ourense desde o pasado mes de marzo.

30 sep 2020 . Actualizado ás 21:48 h.

Dous ourensáns faleceron este mércores por coronavirus na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 90 anos que morreu o hospital de Verín e dun home de 76, que estaba ingresado no CHUO. Ningún tiña patoloxías previas. Estes dous ourensáns súmase a as tres presentas con coronavirus que estaban ingresadas no CHUO e faleceron este martes: dous homes, de 86 e 81 anos, e unha muller de 86 anos. Todos eles tiñan patoloxías previas. Elevan a 152 o número de vítimas que a pandemia se cobrou en Ourense desde o mes de marzo.  Neste mes faleceron 17 persoas. O primeiro deceso rexistrado en setembro remóntase ao día 9, o dun home de 81 anos vinculado co brote do barrio de Mariñamansa, na capital. Dous días despois morría unha muller de 80 anos que estaba ingresada no CHUO. O día 12 houbo dúas mortes máis, esta vez no hospital de Verín, un home de 75 e outro de 87. O día 14 non lograban superar a enfermidade un home de 88, tamén ingresado no comarcal de Verín; e un home de 74 anos que estaba no CHUO e que era usuario da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. O día 19 houbo dous falecementos máis: o dun home de 84 anos hospitalizado en Ourense e o doutro home de 69 que estaba na uci. O 21 morría no CHUO unha muller de 87; e ao día seguinte un home de 82. O 24 houbo unha baixa máis no comarcal de Verín, un home de 93. O martes coñecía o falecemento dunha muller de 103 anos que era usuaria da residencia As Salinas de Ourense.