Os veciños do Couto sen síntomas poden participar nun cribado voluntario

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

Deben pedir cita no centro de saúde, mellor por teléfono

26 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Sergas puxo en marcha un cribado selectivo no barrio do Couto, baixo o punto de mira das autoridades sanitarias polo elevado número de casos asociados a este distrito da cidade. Dita selección execútase desde Atención Primaria e os test comezaron a facerse hai dous días. Continuarán ata a semana que vén e hai unhas 600 probas programadas.

Todas as persoas que desexen participan deben chamar aos seus centros de saúde de referencia, en horario habitual, e deixar os seus datos persoais. En pouco tempo serán avisados, ben a través dun SMS ou unha chamada, para que acudan nun día concreto, en horario de tarde ao Cristal, para realizarse as probas. Aínda que estas están abertas a todos os veciños, o Sergas sinala como prioritarios aos de entre 15 e 70 anos, que son os que máis relacións sociais teñen.

No caso de que algún veciño teña síntomas relacionados co virus, entón terá que seguir os pasos estipulados para calquera persoa e evitar acudir ao centro de saúde.