«Unha poboación moi envellecida», a causa de que se manteñan as medidas en Verín

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Saúde Pública advirte sobre a incidencia do virus na localidade e o alto número de casos rexistrados

25 sep 2020 . Actualizado ás 18:56 h.

O último informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, con data de este venres 25 de setembro, recomenda o mantemento das medidas restritivas impostas na localidade de Verín . En especial, «polo número de casos, de positivos hospitalizados e polo risco engadido do envellecemento da poboación». «Sobre a comarca de Verín, as taxas diarias acumuladas a 7 días presentan unha tendencia lixeiramente ascendente, a taxa acumulada a 14 días obsérvase como vén aumentando nas últimas semanas e a taxa acumulada a 7 días ascende, amosando un valor de máis do dobre do conxunto de Galicia», advirte no devandito informe, que cualifica o brote como «de alto risco».