Arte e poesía para alagar a cidade

La Voz

OURENSE

Agostiño Iglesias

Performance e velada no Principal de «Imos ter máis que palabras»

20 sep 2020 . Actualizado ás 13:54 h.

Na cidade comezou o festival de arte e poesía «Imos ter máis que palabras» coa performance poética a cargo de Estela Rodríguez e César Catalina. Esta tarde, 21.00 horas, terá continuidade no Teatro Principal cunha velada na que participan Sheila Blanco , Wordsnoise, Rochi Nóvoa, Manuel Blanco , Arancha Nogueira, Juan Manuel Vázquez Vázquez, Missed Call, César Catalina, Ori Darko e Santi «O Pirata». Contarase coa colaboración de Natalia Rodríguez e David Cid. A dirección é de José Lameiras.