Leti Gil roza podio no nacional e boa estrea das debutantes do ADAS

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

adas

Cristina Trejo foi sexta en lanzamento de peso e a moza Belén García cumpriu no seu primeiro absoluto de 400 valos

13 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A atleta valdeorresa Leticia Gil (Praias de Castelló) realizou un bo papel no Campionato de España Absoluto, onde estivo ata o seu último salto como terceira clasificada no concurso de lonxitude. Pelexou na final por revalidar o bronce da tempada pasada, pero finalmente quedou nunha marca de 6,12, o seu mellor rexistro desta tempada atípica. Layla Lacuey acabouna superando nese terceiro posto con 6,23.

Na primeira xornada destes nacionais ao aire libre que se celebran en varias sedes madrileñas, as debutantes do ADAS Proinor realizaron un bo papel. En particular, a lanzadora de peso Cristina Trejo, que se realizou unha competición moi regular, meteuse na final e rematou no sexto posto, cun mellor lanzamento de 12.75, que supón marca persoal. Pola súa banda, a moza vallista Belén García fixo un tempo ao redor da súa marca e foi décimo quinta.