Leilía, Sito Trío e Culturactiva Teatro no Cristo do Barco

La Voz

OURENSE

BASILIO BELLO

Desde as 10.00 ás 20.30 horas haberá actividade musical e cultural na vila

13 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Malecón e outras rúas do Barco • O programa cultural do Cristo 2020 continúa este domingo con propostas de teatro, música festiva e tradicional galega. As actividades comezarán cedo, desde as 10.00 horas, cun mosaico na praia fluvial de Río Cigüeño. Ás 11.30 horas haberá un pasacalles a cargo da charanga Bicoia. Ao mediodía, na praza do Sagrado, o grupo de teatro Culturactiva ofrecerá a representación de «Saabor». A música continuará soando antes de irse a comer, coa típica sesión vermú, que comezará ás 13.00 horas na zona do Casino do Malecón, coa actuación de Sito Trío. Pola noite, a partir das 20.30 horas, o grupo de pandereteiras Leilía ofrecerá o seu último espectáculo «CantarElas» na Praza do Príncipe.