José Luis Baltar recibe a alta hospitalaria e volve ao seu domicilio

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

O expresidente da Deputación de Ourense ingresou a pasada fin de semana no CHUO a causa do coronavirus

29 ago 2020 . Actualizado ás 21:07 h.

Unha semana despois de ter ingresado no CHUO a causa do coronavirus, o expresidente da Deputación de Ourense José Luis Baltar Pumar (Esgos, 1940) regresou ao seu domicilio. Segundo puido saber La Voz, o exdirigente do Partido Popular (PP) marchouse do hospital ourensán este sábado ao recibir a alta hospitalaria.

Fuentes consultadas na contorna de Baltar Pumar sinalaban que xa este venres «evolucionaba perfectamente» tras ser diagnosticado de covid-19 a pasada fin de semana.