Teatro na terraza do auditorio

La Voz OURENSE

OURENSE

Agostiño Iglesias

Os ourensáns gozaron dunha obra da compaña Markeliñe

14 ago 2020 . Actualizado ás 08:08 h.

Seguindo coas actividades culturais propostas polo Concello de Ourense, este xoves a terraza do auditorio volveu converterse en escenario. Nesta ocasión para a representación Crusoe da compaña Markeliñe. A obra de teatro xoga e reconstrúe a idea do náufrago para traela á actualidade e facer pensar ao espectador.

Esta tarde, ás 20.30 horas, será o momento de gozar de zarzuela ao aire libre a cargo de Camerata Lírica.