O pequeno ilustrador de Pepe

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

OURENSE

Agostiño Iglesias

Sergio Iglesias , de once anos, encargouse de pór debuxos ao diario do carballiñés

31 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Sergio Iglesias ten once anos e di que sempre lle gustou pintar. O ano pasado apuntouse a clases de debuxo. «Quero mellorar e aprender novas técnicas e estilos», afirma. Durante o confinamento, o seu pai, Felipe , descubriu en Facebook as historias de Pepe, que encandearon a toda a súa familia. «Coñecía a Alberto, o seu pai, porque compartimos a afección polo atletismo», conta Felipe . «Os contos fixéronnos rir tanto durante o estado de alarma que me ofrecín a maquetárselos como forma de agradecer a súa iniciativa», engade. Así é como o pequeno Sergio se converteu en ilustrador do libro Diario de Pepe. «Foi divertido e impliqueime moito. Vía as súas fotos, facía bosquexos e logo ía probando posicións e expresións para que queda como quería», conta. Os dous, pai e fillo, admiten que foi moi bonito participar xuntos nun proxecto como este, acompañando a iniciativa de Pepe e os seus pais.