Arranxo de estradas nos concellos de San Cibrao e Pereiro

La Voz

OURENSE

Santi M. Amil

A empresa Extraco Construccións e Proxectos farase cargo dos traballos que comezarán no mes de agosto

24 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por preto de 815.000 euros as obras de mellora do firme en catro estradas autonómicas da contorna dos polígonos de San Cibrao das Viñas e de Pereiro de Aguiar. A empresa Extraco Construccións e Proxectos farase cargo dos traballos que comezarán no mes de agosto.