A Xunta fai probas no viaduto de conexión entre a A-52 e San Cibrao

La Voz OURENSE

OURENSE

cedida

O test realizouse con catro camións de catro eixos cun peso total, cargados, de 40 toneladas

10 jul 2020 . Actualizado ás 20:00 h.

A Conselleira de Infraestruturas realizou a proba de carga no viaduto de San Benito, na nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52. A proba realizouse con catro camións de catro eixos cun peso total, cargados, de 40 toneladas. O obxectivo foi levar a cabo un conxunto operacións na ponte antes da súa apertura ao tráfico para comprobar a adecuada concepción, estabilidade e comportamento da estrutura ao paso do tráfico.