Feijoo reafirma o compromiso do PP coa provincia ourensá

La Voz

OURENSE

Miguel Villar

O candidato dos populares á Xunta participou nun acto en Santa Cruz de Arrabaldo

09 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Os populares celebraron mitin en Santa Cruz de Arrabaldo nunha xornada na que Alberto Núñez Feijoo destacou que os populares «estamos comprometidos con Ourense» e onde fixo un repaso das actuacións realizadas na provincia: «O PP foi quen puxo en valor os investimentos na cidade, tales como a ampliación das infraestruturas sanitarias e os servizos para os maiores e a conciliación; as melloras nos centros educativos e o primeiro centro de Formación Profesional de Galicia; a estación intermodal e a mellora das conexións viarias co polígono de San Cibrao, entre otras actuacións».

 O candidato do PP á presidencia da Xunta tamén se referiu á polémica que manteñen Baltar e Villarino en relación ás axudas aos autónomos. Respecto diso sinalou Feijoo que «imos apoiar aos autónomos sempre, e non imos aceptar que se vos denuncie nunca», apuntou.