A piscina e instalacións deportivas de Tecnópole reabren ao 75 % da súa capacidade máxima

La Voz OURENSE

OURENSE

CEDIDA

O recinto acuático estará aberto ata o próximo 8 de setembro

09 jul 2020 . Actualizado ás 19:59 h.

O Parque Tecnolóxico de Galicia rebrió ao público este xoves a súa piscina e instalacións deportivas, que quedarán a disposición de particulares, familias e grupos durante todo o verán e, no caso da piscina, ata o próximo 8 de setembro. 

No acceso ao recinto acuático hai un control de capacidade, limitado ao 75 % da capacidade máxima. É unha das diversas pautas marcadas para facer fronte ao covid-19 na volta á actividade. As duchas dos vestiarios permanecerán pechadas, e só se poderá facer uso das exteriores. Mentres, nos bancos do vestiario están sinalizadas as zonas de asento, respectando a distancia de seguridade entre persoas. E na entrada de cada vestiario hai papel e dispensadores de xel hidroalcohólico para os usuarios da piscina.

O director xerente de Tecnópole, Ricardo Capela, puxo o foco na «importancia de cumprir a normativa vixente para que entre todos poidamos seguir facendo Tecnópole Virus Free», lembrando a campaña posta en marcha de cara a lograr que o Parque siga libre de coronavirus e adaptado a a «nova normalidade».

Haberá Wifi gratuíto para os bañistas

O acceso á piscina realizarase, tal e como xa se fixo o ano pasado, a través dunha aplicación móbil gratuíta, dispoñible para a súa descarga tanto en Android como iOS. Ademais, haberá Wifi de libre conexión para todos os bañistas.