O BNG pide que se garanta o bus gratuíto aos desempregados

La Voz OURENSE

OURENSE

Luis Seara, portavoz municipal del BNG en Ourense
Luis Seara, portavoz municipal do BNG en Ourense Santi M. Amil

Os nacionalistas aseguran que teñen problemas para obter o bono porque non poden renovar o cartón do paro

29 may 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ourense recuperou o cobro do bus urbano este luns e a medida está provocando algunhas disfuncións, segundo asegura o BNG. Luis Seara, portavoz nacionalista, denunciou este xoves que os desempregados están a ter problemas para viaxar gratis como xa podían facer antes da crise do coronavirus. «Ao estar pechado o Servizo Galego de Colocación, non puideron renovar a tarxeta do paro e non puideron obter o bono gratuíto», explica Seara, que pide que se articule unha solución, como si se fixo cos bonos dos pensionistas, di.