Arde un tráiler cargado de bebidas na A-52 en Melón

La Voz

OURENSE

Cedida

A rápida intervencion do condutor posiblitó que o incendio non se estendese a un monte próximo

26 may 2020 . Actualizado ás 17:37 h.

Efectivos do subsector de Tráfico de Ourense auxiliaron ás 14.25 horas deste martes a un condutor profesional cuxo vehículo se incendiou tras a deflagración dun pneumático do semirremolque. Os feitos tiveron lugar na A-52 á altura de Melon e foi alertado SOS Galicia a través do 112 que activou os recursos necesarios. O camión articulado transportaba no seu remolque paquetes de bebidas gasosas provenientes en orixe de Marín con destino Córdoba. A maior parte da estrutura do semirremolque era metálica a excepción do sistema de toldado, factor que contribuíu á retardación na propagación das chamas á carga e resto do vehículo. No entanto, o condutor intentou extinguir as chamas con varios extintores e optou polo desenganche da cabeza tractora da súa semirremolque, conseguindo afastar os depósitos de combustible das chamas.

Ao lugar acudiron efectivos do GES de Ribadavia que extinguiron rapidamente as chamas evitando a súa propagación á contorna, o que xerase un  incendio  nun monte próximo. Fíxose necesario efectuar unha regulación do tráfico ao verse afectado por completo o carril dereito sentido Benavente e para facilitar os labores de extinción. O  incendio deuse por controlado ás 15.10 horas. pero o carril permaneceu cortado á espera de que un guindastre de gran tonelaxe puidese efectuar o correspondente rescate do vehículo para o seu traslado.