Jácome abre as listas para contratar a administrativos e a arquitectos técnicos

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

O alcalde di que serán seleccinados segundo baremos obxectivos

29 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ourense acaba de abrir o prazo para a presentación de solicitudes das persoas que desexen formar parte das listas de contratación da administración local. Os postos nos que se abre unha oportunidade laboral é o de técnicos de administración xeral -licenciados en Dereito, Económicas, Empresariais, Políticas ou equivalentes- e arquitectos técnicos.

As persoas interesadas en optar a ser contratadas polo Concello de Ourense non teñen que realizar ningún tipo de exame, senón cumprir simplemente cos requisitos curriculares e ser seleccionados posteriormente segundo baremos obxectivos. O número de contratacións será elevado, tal e como anticipou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Tratarase, segundo precisan fontes municipais, contratacións temporais.

En concreto, o rexedor referiuse o pasado verán á posibilidade de recorrer á figura do «contrato programa» para incorporar a máis de medio centenar de avogados, arquitectos, enxeñeiros e informáticos. O proceso selectivo arrincará no prazo de dez días hábiles contados desde a súa publicación no taboleiro de anuncios.