Iván Feijoo remonta para chegar á sexta praza sub 23 no mundial de ciclocrós

OURENSE

FRANCISCO J BANDÍN / RFEC

O allaricense estaba a piques de contactar co grupo de cabeza cando se lle saíu a cadea

01 feb 2020 . Actualizado ás 18:18 h.

Iván Feijoo Alberte segue sendo o referente máis fiable do ciclocrós español, o que ratificou cunha laboriosa sexta praza no Campionato do Mundo que se está disputando esta fin de semana na vila suíza de Dübendorf.

O ourensán era unha das grandes bazas da selección española nunha fin de semana que reúne aos mellores especialistas da modalidade invernal. E asumiu esa responsabilidade desde o inicio, movéndose cos mellores: «O circuíto era das miñas características. Na saída puiden salvar unha caída bastante grande, e xa na segunda volta estaba a rodar sexto. Logo estiven a piques de engancharme ao grupo que pelexaba polas medallas, pero tiven unha saída de cadea que me relegou ata a oitava posición. As últimas catro voltas foron remando ata conseguir un bonito sexto posto». Outro galego, Carlos Canle -tamén forxada na canteira de Maceda-, non rematou a competición, destacando que segue centrado na súa preparación para a tempada de estrada. Hoxe chegará a quenda para a terceira participante da nosa comunidade, Irene Trabazo, tamén entre as sub 23, a partir das 13.00 horas.