Patrocinado por Patrocinadopor

A D.Ou. Valdeorras amparará viños rosados

La Voz O Barco

SOMOS AGRO

CEDIDA

O pleno deu o visto e prace a cambiar o prego de condicións

26 ene 2020 . Actualizado ás 19:46 h.

En Valdeorras tamén se farán viños rosados. En realidade xa se fan, porque hai polo menos sete adegas que elaboran este tipo de viños. O que non sucede ata agora é que poidan vendelo baixo o selo da denominación de orixe. E aínda seguirán sen poder pór a contraetiqueta de calidade durante un tempo máis, o que dure a tramitación do cambio no prego de condicións do consello regulador, que onte se puxo en marcha coa aprobación de por parte do pleno.

Valdeorras segue a senda doutras denominacións de orixe que decidiron amparar uns viños «que cada vez contan cunha meirande aceptación no mercado», destacaba o presidente do organismo vitícola, José Luis García Pando. Ademais, o cambio busca dar resposta ás demandas das adegas que xa están elaborando este tipo de viños na zona. «Incorporar os rosados ao prego de condicións do territorio amparado enriquecerá, sen lugar a dúbidas, o catálogo de produtos vinícolas da D.O. posto que evidencia o extraordinario potencial do territorio amparado máis alá dos godellos e mencías», engadía Pando. A previsión é que ás sete que xa o elaboran na actualidade acábanse suman máis adegas unha vez que este tipo de viños estean amparados polo selo de calidade, o que supón un impulso á hora de vender.

Participación en feiras

No pleno tamén se acordou a participación nas feiras Prowein (que se celebra en Alemaña do 15 ao 17 de marzo) e a Wine & Gourmet de Tokio, que será do 15 ao 17 de abril. Ademais, e xunto a outras denominacións de orixe galegas, Valdeorras estará nun evento promocional conxunto organizado pola Xunta en Londres o 24 de febreiro.