Doce alumnos do campus, galardoados co premio extraordinario de grao pola Universidade

La Voz OURENSE

OURENSE

DUVI

Sete dos estudantes homenaxeados na cidade das Burgas son mulleres

23 ene 2020 . Actualizado ás 14:07 h.

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou este mércores na súa sesión ordinaria a concesión dun total de 70 galardóns a estudantes dos campus de Ourense, Vigo e Pontevedra. 47 deles serán outorgados a alumnos de grao, dos que doce serán para alumnos radicados na cidade das Burgas.

De todos eles, sete son mulleres: Paula Gamallo Carballude (Graduada en Dereito e tamén en Administración e Dirección de Empresas), Ana Isabel Botana Rodríguez (Graduada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos), Marta Rilo Martínez (Graduada en Ciencias Ambientais), Elena María Rodríguez Iglesias (Graduada en Turismo), Aloia Iglesias Rodríguez (Graduada en Educación Infantil), Noemí Castelo Veiga (Graduada en Educación Social) e Estefanía Silva Núñez (Graduada en Traballo Social).

Tamén foron premiados Cristian Iglesias Fernández (Graduado en Educación Primaria), Iván Novoa Couso (Graduado en Enxeñaría Agraria), Rubén López Verísimo (Graduado en Xeografía e Historia) e Miguel Ferreiro Díaz (Graduado en Enxeñaría Informática).

Os estudantes recibirán os seus trofeos e mencións o próximo 28 de xaneiro, no transcurso dun acto conmemorativo por San Tomei.