1990: Presentación e estrea da película «Sempre Xonxa»

La Voz OURENSE

OURENSE

cristina outeiro

Atrás quedaban catro anos de intenso traballo

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Tras un traballo de catro anos e con maioría de actores escollidos na rúa, tal e como lembra a información publicada por La Voz de Galicia hai 30 anos, chegaba o momento da presentación en sociedade e da estrea de «Sempre Xonxa», a película que se convertía no primeiro longo do director Chano Piñeiro e que se convertería co paso dos anos nun símbolo do cine galega. A agardada película presentouse nun acto nun acto na Galería Sargadelos. A presentación coincidiu coa estrea da cinta nas carteleiras das principais cidades galegas. En Santiago, por exemplo, puido verse por primeira vez no cine Capitol. A obra rodouse en diferentes emprazamentos do sur de Galicia e que tivo á comarca de Valdeorras como un dos seus escenarios predilectos. O personaxe central da película é unha muller e a súa elección foi un dos principais retos de Chano Piñeiro, que quería para ela unha cara descoñecida para os espectadores. É así como atoparía a Uxía Blanco , a principal protagonista. Os actores infantís, por exemplo, escolleunos entre máis de mil nenos da comarca de Valdeorras, mentres que a outro dos protagonistas atopouno nunha cafetería tamén da comarca ourensá.