A Lotería Nacional deixa dous beliscos na cidade de Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Unha administración da Ponte e unha cafetería do centro repartiron 100.000 euros cada unha

19 ene 2020 . Actualizado ás 19:34 h.

A Lotería Nacional, no seu sorteo do sábado, deixou dous beliscos en forma de premio de 100.000 euros na cidade de Ourense. O primeiro premio do sorteo recaeu no número 58988. Os establecementos que repartiron foron unha administración de lotería no barrio da Ponte, no número 4 da avenida de Santiago; e a cafetería Lord, situada na rúa Valle-Inclán no centro da cidade.