«É un texto moi inquietante e actual»

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

OURENSE

Cedida

Mariano Llorente protagoniza «Unha humilde proposta», este sábado a partir das 20.00 horas no Teatro Principal

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A compaña Micomicón produce a obra de teatro «Unha humilde proposta». O tándem artístico formado por Laila Ripoll e Mariano Llorente volve sorprender cun espectáculo dramático, esta vez en clave de humor e cargado de sátira. O monólogo, que protagoniza Llorente, estará no Principal esta tarde, ás oito.

-Fálenos deste novo proxecto teatral...

-Sen destripar moito ao espectador, si se pode contar que «Unha humilde proposta» é unha sátira do escritor irlandés Jonathan Swift. Nela exponse dun xeito cargado de sentido do humor, un humor lacerante e duro neste caso, unha solución implacable e impecable para acabar cos pobres do mundo.

-Como é o seu personaxe?

-Laila Ripoll, directora e adaptadora do texto orixinal, e eu concibimos esta obra como un monólogo. O meu personaxe digamos que non existe realmente no texto orixinal, creamos a unha especie de predicador decimonónico, severo e contundente, que transmite as ideas ao respectable. É verdade que o espectáculo vai dar unha volta completa e finalmente o meu personaxe vaise a achegar moitísimo a un político dos nosos días, e ata aí podo ler... A propia evolución do texto e do que vai transcorrendo vainos achegar desde a época de Swift, en torno ao 1800, ata os nosos días. É un texto moi inquietante e actual.

-Que se sente ao estar só no escenario?

-Nunca fixera un monólogo e xérame moitísimo vertixe, a verdade. Estás só e se pérdesche non hai xeito de que che axuden, a acción dramática constrúea un só personaxe e, xa que logo, a responsabilidade é enorme. Pero tamén é verdade que a medida que vou avanzando na función, que a vertixe se disipa, e que vexo que é público goza e involúcrase, o pracer é inmenso e son feliz en escena.

-Esta obra é diferente ás producións anteriores de Micomicón como «O triángulo azul», «A xudía de Toledo» ou «Onde o bosque se expresa».

-Realmente Laila e eu temos moita andaina cos clásicos pero esgotámonos un pouco deles. Eu quería facer un monólogo e a idea de irnos cara a Jonathan Swift pareceunos formidable, non nos imos tanto do que adoitamos facer porque realmente neste espectáculo hai moitísima sátira política. É unha obra moi comprometida que está moi na liña do que vimos facendo, de verdade.

-Próximos proxectos?

-Este é un espectáculo no que estou eu só e é totalmente atemporal, non vai envellecer, polo que nos dá a posibilidade de que dure o que o corpo aguante e o que os contratos o permitan. «Unha humilde proposta» vai seguir aí durante moitos meses, agardamos. Agora mesmo estamos a traballar tamén en «Vidas enterradas» xunto ás compañas L'OM-Imprebís, Corsario e Amorne. Collemos documentos reais do programa de Conchi Cejudo e con iso escribimos seis monólogos que interpretan Pilar San José, Juan Mayorga, Carles Montoliu, María José Moreno, Mateo Rubstein e Luis Miguel García. É unha produción itinerante que se realiza nas tripas dos teatros, en mosteiros, mesmo quereriamos facelo en cemiterios, e que o público vaia chegando ata eles.