O PSOE pide en Ribadavia máis maquinaria deportiva para o ximnasio do pavillón

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

Os socialistas levarán unha moción ao próximo pleno

19 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O PSOE de Ribadavia reclama ao grupo de goberno do PP que continúe dotando de maquinaria deportiva ás instalacións do ximnasio do pavillón municipal do Consello. Os socialistas defenderán unha moción no próximo pleno na que solicitan que se realicen als actuacións pertinentes para atender o incremento de usuarios. O portavoz do PSOE, Ignacio Gómez, lembra que durante o anterior mandato co PSOE á fronte «fíxose un importante esforzo e aumentouse ou número de socios do ximnasio achegándose ao milleiro».