Roi Casal chega ao Carballiño

La Voz OURENSE

OURENSE

ANA GARCIA

O artista dará un concerto no Auditorio a partir das 19.30 horas

12 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Ás 19.30 horas • O Carballiño • A cita do domingo no Carballiño será con Roi Casal. O músico galego chega á vila para presentar un concerto dentro da súa xira «Son galego, son cubano». Estará no Auditorio con un espectáculo que se enmarca dentro de «As músicas do Camiño». Será a partir das 19.30 horas, con entrada gratuíta.