Laza elixe unha foto de Antonio Muñoz como cartel do entroido

La Voz OURENSE

OURENSE

CEDIDA

A comisión organizadora elixiu o día de Reis para dar a coñecer a proposta

07 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O profesor universitario e estudioso da cultura inmaterial Antonio Muñoz Carrión é o autor do cartel do entroido de Laza. A comisión organizadora da festa máis importante da localidade elixiu unha diapositiva que foi dixitalizada para anunciar a celebración deste ano.

«Antonio Muñoz Carrión captou a través da súa cámara momentos máxicos, transportándonos aos lazanos a tempos pasados a través do seu traballo Laza: Entroido de mi memoria», explican desde a organización do entroido.