Ileso tras subir a un talude da A-52 tras quedar durmido

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

LUCIA

As estradas ourensás rexistraron varias saídas de vía

28 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un veciño de Nigrán que viaxaba en dirección a Madrid quedou subido a un talude da A-52 cando conducía á altura de Verín. O home quedou durmido e acabou saíndose pola marxe dereita e subindo por un talude para quedar no medio da cuneta. Sucedeu ás 10.30 horas da mañá deste venres. Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense lembran aos pilotos que antes de iniciar unha viaxe, o condutor deberá ter descansado o suficiente e durante o mesmo deberase realizar un descanso cada dúas horas. Ata o accidente desprazáronse dúas patrullas de motoristas do destacamento de Tráfico de Verín e o retén de mantemento e limpeza da vía.

Ademais, ao redor de únaa da tarde na recta de Pitón na N-540 en Vilamarín, e por causas que se están investigando, un condutor perdeu o control do seu vehículo que se saíu da vía e quedou envorcado sobre a estrada. Resultou ferido leve aínda que foi evacuado en helicóptero a un centro hospitalario. Outro accidente tivo lugar en Ábades, na estrada OU-310 que une Verín con Vilardevós. O condutor dun camión saíu da vida, quedando o vehículo parcialmente envorcado. O home puido saír polo seu propio pé e avisar aos servizos de urxencias. Tamén a última hora deste venres na estrada N-532 , tamén en Verín, dúas mulleres de nacionalidade portuguesa resultaba feridas tras saír da vía e envorcar o coche. No sinistro interviñeron tres patrullas de motoristas, bombeiros de Verín e un equipo de atestados da Garda Civil de Ourense.