O PSOE denuncia o «ninguneo» de Feijoo aos seus alcaldes na Baixa Limia

La Voz OURENSE

OURENSE

CEDIDA

O presidente da Xunta reuniu fai uns días aos rexedores da zona pero non invitou aos socialistas

28 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta, reuniu o pasado día 17 de decembro aos alcaldes da Baixa Limia para tratar o arranxo da estrada OU-540 desde Celanova ata a fronteira con Portugal. Con todo, a ese acto non foron invitados os rexedores socialistas da zona: Entrimo, Calvos de Randín e Verea. Así o denunciou este venres o PSOE nunha rolda de prensa na que acusaron o máximo responsable do goberno autonómico de facer un uso partidista da Xunta. Trátase de dixo «unha falta de respecto institucional cara os alcaldes e os veciños e veciñas de concellos como os de Entrimo, Calvos ou Verea», o secretario de Organización do PSOE ourensán, Juan Carlos Francisco Rivera, que engadiu que «a Xunta obvia os representantes institucionais destes veciños en actos nos que anuncia obras que afectan os propios Concellos».