A nova unidade de custodia de presos hospitalizados no CHUO custará 345.000 euros

La Voz OURENSE

OURENSE

pili prol

O hospital ourensán quedou sen a área para presos do Santa María Nai en 2017 co traslado de servizos

20 dic 2019 . Actualizado ás 14:40 h.

A unidade de custodia hospitalaria de presos do CHUO sae a licitación por un importe de 345.496,96 euros sen impostos. Esta unidade viña sendo demandada polos sindicatos e responsables policiais da custodia de presos hospitalizados desde que en 2017, tras a reforma do hospital e o traslado aos novos edificios, quedou fóra de servizo a que existía no Santa María Nai. Estas áreas de custodia hospitalaria combinan operatividade con seguridade. A Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penais e da Serguridad do Estado (SIEPSE) encárgase de estudar os detalles destes emplazaamientos, tanto para que non interfiran na actividade cotidana do centro hospitalario como para garantir a asistencia aos internos.

A unidade ourensá, terá catro cuartos e seis camas, unha sala de espera e unha zona para o corpo de seguridade. A superficie total que ocupará é de 218 metros cadrados. Terá «modernos sistemas de seguridade» para controlar aos internos e ás súas visitas e garante a independencia e seguridade, segundo a Subdelegación do Goberno.