O xuíz dá máis indemnización aos despedidos de Carrajo

Sindo Martínez XINZO / CORRESPONDENTE

OURENSE

m. v.

As tres empresas do grupo pecharon, deixando a 40 traballadores no paro

12 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os case 40 empregados das empresas que formaban o grupo Carrajo (Irmáns Carrajo, Industrias Carrajo e Primoska) recibirán unha indemnización adicional de máis de 200.000 euros con respecto á anteriormente definida pola autoridade xudicial do Mercantil.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou un primeiro auto de extinción laboral de Construcións Carrajo, de xaneiro de 2019, o que obrigou á xuíza a emitir o 27 de setembro outro novo fallo, xa validado. Todo iso chegou tras un recurso da CIG. E a sentenza trae mellores indemnizacións para os afectados polo peche.

Desta forma, os empregados pasaron a cobrar a parte correspondente do seu salario entre xaneiro e setembro, a pesar de que, na práctica, a actividade no grupo xa non existía.

Parte da débeda xa está saldada, segundo fontes sindicais. A maioría das propiedades do grupo, por un valor próximo aos oito millóns de euros, xa foron poxadas ou vendidas.