Os pataqueiros da Limia reclaman impulsar o plan de regadíos

La Voz OURENSE

OURENSE

Piden á Xunta que constrúa xa os pozos que contan con todos os permisos

07 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación de Pataqueiros dá Limia analizou os incumprimentos dos plans de regadío de Corno do Monte, Lamas-Ganade, Alta Limia e San Salvador de Sabucedo. Puxeron sobre a mesa que tras a tramitación ambiental favorable ditada o pasado mes de marzo, «os avances foron nulos», e reclaman da Xunta que os poña en marcha. Dubidan, no entanto, das intencións da Consellería de Medio Rural co proxecto, lembrando que no orzamento deste ano había 4,3 millóns, que están sen executar; e que nas contas para 2020 só aparece consignado medio millón. Queren que Medio Rural «inicie xa o 60 % dos pozos que teñen a tramitación completada», á vez que lle piden á consellería que axude aos agricultores a axilizar a burocracia ante Confederación Hidrográfica Miño-Sil; que lles reclama nova documentación sobre as parcelas afectadas polos regadíos.