Nove artistas participan en CórgomoArte

La Voz O Barco

OURENSE

LOLITA VÁZQUEZ

A exposición pode visitarse en Vilamartín de Valdeorras ata o 6 de xaneiro

08 dic 2019 . Actualizado ás 17:56 h.

Desde hoxe ata o 6 de xaneiro • Sábados e domingos, de 10.00 a 22.00 horas • Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) • Martín Lestao, Ignacio Castro «Nachok», Violeta Bernardo, Arturo Ceide, Crystilandia, Patricia Fernández Paz, Brais Fernández e os anfitrións, Manuel Conde e Victorino Núñez «Torino», expoñen en CórgomoArte, que nesta oitava edición busca abrir unha reflexión sobre o mundo da arte desde unha visión máis social, visibilizando a enfermidade do Alzheimer.