A plataforma cánsase de agardar polos terreos para o centro de saúde da Rúa

La Voz O Barco

OURENSE

LOLITA VAZQUEZ

Piden explicacións ao alcalde sobre a situación

28 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

«Queremos que o alcalde nos dea unha explicación sensata, coherente e crible de por que non temos aínda os terreos» para ceder ao Sergas e que constrúa o centro de saúde da Rúa. Foron as reclamacións feitas por boca do médico Pablo Deramond na concentración sanitaria celebrada na Rúa de Valdeorras para reclamar un novo ambulatorio. Esta vez a protesta trasladouse á porta do concello.