Máis de 40 tendas valdeorresas farán descontos mañá

La Voz O Barco

OURENSE

CARMELA QUEIJEIRO

Comercios do Barco e A Rúa participan no Black Friday

28 novs 2019 . Actualizado ás 15:21 h.

Un total de 32 comercios do Barco e 9 da Rúa uníronse á campaña de Venres Negro impulsada desde Aeva e o centro comercial barquense. Os establecementos ofrecerán descontos do 20 % en produtos de tempada e ampliarán o seu horario ata as dez da noite para facilitar as compras. Todo iso sucederá mañá.

Na iniciativa participan fundamentalmente tendas de roupa (de festa, casual e deportiva) e zapatos, aínda que tamén hai comercios dedicados aos complementos, perfumes ou electrodomésticos, así como mobles. Os comercios participantes na iniciativa -hai outros no caso do Barco que levan anunciando descontos desde hai días con motivo do Black Friday- lucirán carteis nos seus escaparates.