Duelo directo coa terceira praza en xogo nos Remedios

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

O Alcorcón da ourensá Vane Sotelo mídese ao Ourense Envialia

23 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Partido de máximo nivel nos Remedios. O Ourense Envialia recibe (17.00 horas) ao Alcorcón coa terceira praza en xogo entre dous dos equipos que intentan seguir o ronsel de Burela e Atlético de Madrid Navalcarnero, candidatos a loitar polo título ligueiro. O equipo de Morenín afronta outro test para medir a competitividade dun equipo que só perdeu un partido, ante o Burela e tendo opción de disputar a vitoria ata o final. Regresa aos Remedios a ourensá Vanessa Sotelo, outro atractivo para o afeccionado ourensán, que seguramente se dará cita en bo número nas bancadas para ver un duelo no que se enfronta a mellor defensa da categoría, a ourensá, contra o segundo equipo máximo goleador do torneo, coa ourensá Vanessa Sotelo á fronte.

As madrileñas chegan tras empatar na pista do Burela e ameazan o terceiro posto das ourensás, que as avantaxan con tres puntos e buscan o triunfo, tras a derrota ante Burela e o empate da última xornada en Móstoles.

Difícil para o Burgas

Máis difícil parece a empresa que ten por diante o Cidade dás Burgas na súa visita a Poio (18.30 horas), onde busca sorprender ao quinto clasificado, un candidato a loitar polos postos de Copa.