Cidadáns augura unha «perversa manobra» cos novos colectores

La Voz OURENSE

OURENSE

CEDIDA

José Araújo critica as decisións do goberno municipal tras os avances do anterior mandato

22 novs 2019 . Actualizado ás 15:53 h.

O portavoz de Cidadáns no Concello de Ourense, José Araújo, non se explica por que os colectores subterráneos seguen sen funcionar despois dos avances neste proxecto no anterior mandato. Cuestiona as probas que o goberno municipal está a realizar con dous modelos concretos e remarca que se trata de marcas, non de sistemas. Pregúntase «que perversa manobra queren facer co tema dos contenedores».