Os novos empresarios facturaron máis de 40 millóns de euros no último ano

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

A asociación ourensá conta xa con 128 socios, doce máis que no 2018

19 novs 2019 . Actualizado ás 13:36 h.

A Asociación de Novos Empresarios de Ourense (AJE) presentou este luns as cifras anuais do colectivo, unha entidade que agrupa a día de hoxe a 128 asociados a través de firmas pertencentes a diversos sectores, concretamente doce empresas máis que as que contaba no 2018. «Este incremento demostra que si hai cultura do asociacionismo na provincia e que se existe un colectivo representativo as empresas anímanse a sumarse», afirmou Lois Babarro, presidente da asociación ourensá.

As empresas integrantes de AJE dan emprego a 500 persoas e xeraron no último ano unha facturación de 42,5 millóns de euros. Experimentaron un crecemento no sector agroalimentario e ademais tamén facturan noutros países, os membros da asociación exportaron a lugares como Vietnam, Porto Rico, México ou Canadá e así ata 16 países.

Babarro estivo acompañado durante a presentación de directivos da entidade como José Manuel Martínez, Noelia Rodríguez e Nuria Iglesias .