Conexión Ourense-Xapón para un doce coa castaña como ingrediente

La Voz OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

O IES de Vilamarín recibe a visita de representantes da empresa Posada Marrón Glacé e dunha delegación de dúas firmas xaponesas coas que está a colaborar para esta elaboración

19 novs 2019 . Actualizado ás 13:39 h.

Manuel Veiga e María Posada , representantes de Posada Marrón Glacé, acudirán este mércores ao IES de Vilamarín para participar nunha xornada de promoción da castaña. Ambos estarán acompañados por unha delegación de dúas empresas xaponesas: Enaka Wakamiya e New World Trading, coas que a compaña ourensá está a colaborar para elaborar un doce artesanal que ten a castaña como ingrediente principal. 

Aos estudantes daráselles primeiro unha charla sobre as características deste produto e despois os alumnos dos ciclos de Hostalería, Turismo e Industrias Alimentarias participarán nunha degustación e darán a súa opinión nun cuestionario. 

Esta actividade forma parte, segundo o IES de Vilamarín, da súa filosofía de manter canles de comunicación coas empresas do sector e das familias profesionais que se imparten no centro.