Formación médica

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Especialistas en patoloxía respiratoria, de Galicia e de Portugal, reúnense en Ourense

16 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Especialistas en patoloxía respiratoria de Galicia e do Norte de Portugal están a participar, no centro cultural da Deputación, na reunión anual da Sociedade Galega desta especialidade. A cita está organizada polo servizo de pneumoloxía do CHUO e inclúe relatorios de expertos sobre a EPOC e outras enfermidades.