Unha vintena de voluntarios participan nun curso básico de Protección Civil na Rúa

La Voz O Barco

OURENSE

CEDIDA

As clases son o centro cultural Avenida e hai sesións prácticas en exteriores

12 novs 2019 . Actualizado ás 11:55 h.

Unha vintena de voluntarios participan nun curso básico de Protección Civil que se está levando a cabo na Rúa de Valdeorras. Participan un total de 24 persoas, procedentes das agrupacións A Rúa, Petín, O Bolo, Ribas de Sil, Viana do Bolo, Vilamartín de Valdeorras, Manzaneda e Vilariño de Conso. A formación continuará a próxima fin de semana, con clases teóricas no centro cultural Avenida e sesións prácticas en exteriores, como a zona do Aguillón.