Vilar de Barrio, Punxín, Rairiz de Veiga, Petín, Larouco e Montederramo terán Casa Neno

La Voz OURENSE

OURENSE

Una de las Casas Niño que ya funciona es la de A Gudiña
Unha das Casas Neno que xa funciona é a da Gudiña MIGUEL VILLAR

Os menores beneficiados deberán estar ao día na cartilla de vacinación

08 novs 2019 . Actualizado ás 13:37 h.

A provincia segue sumando novas Casas Neno, infraestruturas creadas nos concellos de menos de 5.000 habitantes que non teñan gardería, escola infantil nin ningún outro servizo de conciliación. O Consello da Xunta aprobou onte a apertura en Vilar de Barrio, Punxín, Rairiz de Veiga, Petín, Larouco e Montederramo, que darán cada un servizo a 5 pequenos de entre 0 e 3 anos. Actualmente en Ourense hai 27 Casas Neno.

A Xunta avanzou que abrirá en breve unha convocatoria extraordinaria para que todos os concellos que aínda non teñen un servizo infantil poidan abrir unha casa neno antes de que remate a lexislatura.

Cambian os criterios

Doutra banda, a reunión do goberno da Xunta serviu tamén para darlle un cambio ás condicións do servizo. Así, a partir de agora é obrigatorio que todos os beneficiarvos das Casas Neno estean vacinados, estendendo a obrigatoriedade que xa existe nas garderías da Galiña Azul. A segunda novidade afecta os criterios de admisión, sendo o principal o que o menor estea empadroado no concello no que está situada a Casa Neno, sendo despois avaliados os criterios de renda, situación familiar, laboral e académica. O terceiro cambio afecta os impulsores dos proxectos, que pasarán a cobrar un anticipo do 75 % (actualmente era do 35% da achega anual que lles fai a Xunta), co obxectivo de darlles máis liquidez e flexibilidade económica.