Roi Freixedo sobe ao podio alevín

OURENSE

CEDIDA

O tirador do Irixo remata o ano no segundo posto do escalafón nacional absoluto de tiro con pistola de aire comprimido

04 novs 2019 . Actualizado ás 16:42 h.

Roi Freixedo segue empolicado na elite nacional do tiro olímpico con pistola de aire comprimido e, se o ano pasado se que quedaba ás portas do podio no Campionato de España, esta vez colgouse unha medalla de bronce individual.

E aínda reforzou ese botín co ouro que obtivo o tirador do Irixo, integrado na terna de federación galega, xunto a Antonio Arevano e David Souto.

Freixedo González rozou a medalla de prata ata o último dos seus disparos, quedándose a só catro puntos da segunda posición, pero despídese así dunha categoría na que brillou ao máximo nivel nacional na proba de 10 metros, na que comezou a tirar sen apoio desde pequeno. De feito, remata segundo no ránking nacional da súa categoría e, a partir de agora, pasará ás competicións de Infantís, subindo dos 25 aos 40 disparos por quenda.