1994: O Ourense ascende a Segunda División e arrinca un novo catamarán polo Sil

La Voz OURENSE

OURENSE

La Voz

Os «astistiñas» volveron reunirse na galería Volter

27 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

No ano 1994 Fraga non só inaugurou o Hospital de Verín, tamén fixo o propia coa piscina olímpica climatizada. O Ourense conseguiu ascender a Segunda División, a provincia estreou un novo catamarán co que visitar o Canón do Sil e os artistiñas volveron reunirse despois de 30 anos.

Deportes

O ascenso do Ourense. O Club Deportivo Ourense conseguiu o ascenso a Segunda División na tempada do 94. Miles de persoas botáronse á rúa para brindar un apoteósico recibimento aos xogadores na Praza Maior. Foi a principios de xuño, cando os futbolistas regresaban de Xaén, en cuxo partido conseguiron o ansiado punto que lles facía falta para ascender.

Turismo

Un segundo catamarán no Sil. Tras o comezo das visitas en catamarán polo Canón do Sil en 1993, un ano despois a Deputación de Ourense decidiu sumar un novo servizo. O «Expo II» tiña como principal finalidade dar a coñecer a beleza natural e monumental da provincia, especialmente o Mosteiro de San Esteban. Tiña saída desde San Estebo con destino Abeleda e regreso ao comezo.

Infraestruturas

Fraga inaugura a piscina olímpica climatizada. O presidente da Xunta naquel momento, Manuel Fraga, inaugurou a nova piscina climatizada Rosario Donas no complexo deportivo dos Remedios, durante a primeira xornada dos campionatos galegos de natación. As obras custaron 340 millóns de pesetas e converteron a instalación na primeira piscina olímpica de toda Galicia.

Cultura

Os «artistiñas» reúnense en Volter. Os artistas plásticos ourensáns agrupados nos anos sesenta, os artistiñas, compartiron despois de 30 anos exposición co gallo de a inauguración da galería Volter. Xosé Luis de Dios, Xavier Pousa, Xaime Quessada, Virxilio, Acisclo Manzano compartiron espazo.