Reclaman a un condutor os 272 euros dun sinal que esnaquizou

La Voz OURENSE

OURENSE

Antonio Cortés

O acusado deu positivo en alcol tras saírse da estrada e chocar contra o sinal

10 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un accidente de tráfico que tivo lugar o 24 de marzo do 2018 en Vilamartín de Valdeorras chegou a xuízo este mércores no xulgado do penal de Ourense. No banco dos acusados sentouse Ramón G. R., a quen se imputa un delito contra a seguridade viaria polo que a Fiscalía solicita o pagamento dunha multa de 18 meses e a privación do permiso de conducir durante dous anos. O acusado deu positivo en alcol despois de saírse da estrada, na N-120, e chocar contra un sinal de tráfico. O concello de Vilamartín reclámalle o que custou ese sinal: 272 euros.