Benposta, capital de moda

Por María Doallo OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

O circo foi escenario dunha sesión de fotos para a marca coruñesa Pera Limonera

20 sep 2019 . Actualizado ás 10:38 h.

Pera Limonera é unha tenda online coruñesa que ten a súa propia marca de roupa e calzado. «Somos doces por dentro e moi acedas por fóra», explica a creativa da firma, Lorena Quintela. Precisamente por vender produtos a través de Internet, onde non tes a posibilidade de tocar e probar, poñen especial atención nas imaxes que ilustran a súa web. Para esta campaña a temática é o circo así que, que mellor que a cúpula azul e vermella que simboliza o corazón de Benposta para facer unha sesión fotográfica? Ata alí se trasladou todo o equipo, coas modelos Iris Miquel e Claudia Fernández como centro do obxectivo da cámara de Mero Afonso. «Todo o mundo nos recomendou vir ao Circo dos Raparigos en canto empezamos a comentar a idea que tiñamos. Isto encantounos, tivo que ser un lugar máxico», conta Lorena. Durante un día enteiro os bombines, as trompetas e un enorme fondo de estrelas convertéronse no mellor acompañante para os novos zapatos e camisolas longas de Pera Limonera que verán a luz baixo o nome de Peta Zeta nas próximas semanas. «A nosa finalidade é ofrecer un produto moderno, divertido e diferente», conta unha das encargadas da marca, Marta González. Unhas características comúns ao que supuxo Benposta nos seus anos de vida, agardemos que a coruñesa dure, polo menos, os mesmos anos.