O OUFF estreará un curto da cineasta mexicana Laura Gárdos

La Voz OURENSE

OURENSE

cedida

A creadora do país norteamericano será a presidenta do xurado internacional de longametraxes no certame

12 sep 2019 . Actualizado ás 20:51 h.

O Ourense Filme Festival (OUFF) acollerá a estrea en España da curtametraxe «Chocolates Cortázar», da cineasta mexicana Laura Gárdos. A cinta será presentada o próximo 4 de outubro. Gárdos é a neta do ourensán Carlos Velo e este ano será a presidenta do xurado internacional de longametraxes, que decidirá a gañadora do premio Calpurnia na próxima edición do festival.

Gárdos mantén un estreito vínculo con Ourense, cidade á que acode para participar nas homenaxes a Velo , oriúndo de Cartelle . En 2011, a creadora do país norteamericano presentou a súa primeira película de ficción, «Anos despois», que puxo o broche de despedida á edición dese ano. México, ademais, será a gran protagonista do OUFF nesta ocasión, cun ciclo especial de proxeccións.