Mendelssohn e Schubert soan na Ribeira Sacra

La Voz OURENSE

OURENSE

Miguel Villar

A primeira cita con este festival de música clásica sera hoxe (20.00 horas) na igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín

06 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A música clásica de Boccherini, Webern, Mendelssohn ou Schubert soará esta fin de semana en lugares emblemáticos da Peroxa ou Nogueira de Ramuín dentro do Fest Clásico Ribeira Sacra. A primeira cita é hoxe venres, desde as 20.00 horas, na igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. O sábado, ás 12.00 horas, a actividade será na capela da Granxa, na Peroxa. Ás 20.00 horas, a programación trasládase á igrexa de Santiago de Carracedo.

A directora desta primeira edición do festival, Beatriz Blanco , manifestou na presentación realizada onte no Pazo provincial que a intención desta iniciativa é «intentar potenciar, coa nosa arte, a riqueza cultural dá zona achegando ao público a enclaves con forte interese cultural».